lunes, 13 de abril de 2009

O tabaco é...

Durante o segundo trimestre, e dentro do programa Clases sen fume, tivemos que realizar na titoría unha actividade creativa.

Decidimos elaborar unha presentación/vídeo partindo de metáforas e símiles que tivesen nalgúns casos como primeiro elemento o tabaco (ou algo asociado co tabaco), e noutros casos, e como contraste, un elemento oposto ao tabaco. A idea era aproveitar e reforzar o traballo coas metáforas e as comparacións que fixemos nas clases de lingua castelá. Ao final, non obstante, moitas parellas decidiron crear frases relacionadas co tabaco (ou coa súa ausencia) que non son metáforas nin símiles.

A continuación, ilustramos esas frases con imaxes baixadas de internet e, por último, puxémoslle música á montaxe.

O resultado é este. Deberiámolo traballar moito máis, pero non houbo tempo...


2 comentarios:

Elena dijo...

La presentación es MAGNÍFICA, me han encantado la idea y la puesta en práctica. Me parece un trabajo muy original y merecedor de un primer premio!!! De verdad

Este grupo de 1º tiene un tutor...

toda la clase de 1B dijo...

nos gusto mucho tu video y no es peloteo habriais merecido ganar