Decidimos elaborar unha presentación/vídeo partindo de metáforas e símiles que tivesen nalgúns casos como primeiro elemento o tabaco (ou algo asociado co tabaco), e noutros casos, e como contraste, un elemento oposto ao tabaco. A idea era aproveitar e reforzar o traballo coas metáforas e as comparacións que fixemos nas clases de lingua castelá. Ao final, non obstante, moitas parellas decidiron crear frases relacionadas co tabaco (ou coa súa ausencia) que non son metáforas nin símiles.
A continuación, ilustramos esas frases con imaxes baixadas de internet e, por último, puxémoslle música á montaxe.
O resultado é este. Deberiámolo traballar moito máis, pero non houbo tempo...